“Impunidade e falta de humanidade” – José Manuel Pena

15 Febreiro 2024

Vilmente asasinados dous gardas civís en Barbate, por parte duns narcotraficantes. Impunidade e falta de humanidade, por parte dunha gentuza que non pensa máis que no diñeiro.

En Galicia, sabemos ben o que significou o narcotráfico. Decenas de nais valentes souberon estar á altura das circunstancias para denunciar o que todo o mundo coñecía e miraban para outro lado. Chegaron uns xuíces valentes e unhas forzas de seguridade, con medios humanos e materiais suficientes, para desarticular unha numerosa cantidade de carteis do narcotráfico galego.

Mozos enganchados, moitos deles falecidos ou ben deambulando, diariamente, polas rúas dos pobos de Arousa. Corrupción política, policial e empresarial. Mafiosos sen escrúpulos. Son algunhas das consecuencias da secuela da droga e do narcotráfico en Arousa.

Demasiados negocios particulares, empresas inmobiliarias, construtoras, pesqueiras e responsábeis políticos fixéronse millonarios co diñeiro manchado de sangue.

En Arousa, ao principio o silencio cómplice era o máis seguro e conveniente, para logo pasarse á acción e á denuncia pública e xudicial. Do tabaco á droga é o que pasou en Galicia e continúa ocorrendo, así como noutros lugares de España, de Europa e do mundo.

Outros artigos

“Churros”. Xulio Xiz

Sei que as pesetas como moeda non existen desde hai máis de dùas décadas pero non poido, cuestión da idade, sustraerme de calcular equivalencias, e de asombrarme de ter pagado en festa romana 1.000 pesetas por unha ducia de churros. O churro era a unidade...

+

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...