Cabo de Cruz acolle este domingo 18 o tradicional Enterro do Farruco

14 Febreiro 2024

A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela organiza o Entroido do Cabo da Cruz (Boiro), que se celebra este domingo 18 de febreiro e para o que contan coa colaboración do Concello. As actividades programadas darán comezo ás 12:00 h da mañá, coa saída da tradicional Matraquillada, dende a praza do Lorcho e que recorrera as rúas da parroquia.

Xa pola tarde, ás 17:00 h, na Capela do Carme terá lugar a obra teatral O Veloiro, que conta cun elenco “de primeira”, xa que, segundo lembran dende asociación cultural, “está formado polas máis ilustres personalidades do pobo de Cabo de Cruz”. A asociación recorda tamén que ás 19:00 h dará comezo o acompañamento do finado ata a praia da Ribeira Grande onde finalmente se lle prenderá lume ao Farruco. Todo isto amenizado con música, chocolate e unha filloada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.