Eliminada a mancha da vertedura de combustible que afectou á praia de Coroso en Ribeira

13 Febreiro 2024


Gardacostas de Galicia deu por eliminado a mancha da vertedura de combustible que foi detectada na tarde do pasado luns na praia de Coros, en Ribeira.

A situación deuse por normalizada na mañá deste martes, cando o buque Ría de Vigo inspeccionou a zona para confirmar que non había rastro da vertedura.

A alerta saltou ás 18,30 horas do luns coa chamada dun particular ao 112 Galicia para avisar da presenza dun obxecto no mar na praia de Coroso, nas inmediacións do peirao.

O aviso puxo en marcha un operativo no que participou Gardacostas, Salvamento Marítimo e o Seprona, que enviaron medios á zona, na que detectaron a presenza dunha mancha de gasóleo.

A embarcación da Cruz Vermella ‘Hermes’ procedeu a retirar un bidón e, en colaboración coa Salvamar Sargadelos, actuaron para eliminar a mancha, obxectivo que lograron ás 20,15 horas do luns

O persoal enviado por Gardacostas ao areal ribeirense confirmou que a vertedura non afectaba a terra. Xa na mañá deste martes, o Ría de Vigo peiteou a zona en busca de restos e reiterou que a mancha se había disipado, segundo apuntan estas fontes.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.