Abre ao tráfico a AC-303, á altura de Olveira, tras repararse os danos causados polo temporal

20 Xaneiro 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo durante a fin de semana por parte dos equipos de conservación da Axencia Galega de Infraestruturas na AC-303, á altura da parroquia ribeirense de Olveira, despois de que nesta estrada se producise unha fenda como consecuencia do temporal que atizou Galicia no transcurso da xornada do pasado xoves. De feito, as intensas chuvias destruíron a obra de drenaxe transversal desta vía e eliminaron o recheo que soportaba a mesma, producíndose o referido buraco no punto quilométrico 4+400.

Para solucionar esta afección na vía autonómica, foi preciso pechar o tráfico para que os equipos de conservación ordinaria da Xunta procederan de inmediato a executar as obras de reparación. Neste senso, a Axencia Galega de Infraestruturas traballou de xeito intenso na fin de semana para retirar a antiga taxea, instalar a canalización e acometer a cobertura con formigón.

Unha vez realizados estes traballos e aberta hoxe a circulación, nos próximos días, as actuacións continuarán ao carón da estrada para evitar novas filtracións, pero non serán necesarios cortes de tráfico.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.