Unha ducia de nenos e nenas participa este Entroido no programa de conciliación familiar Lousame Concilia

12 Febreiro 2024

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo visitou este luns 12 de febreiro a rapazada que participa no Lousame Concilia, o programa de lecer vacacional que o Concello de Lousame convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. Nesta ocasión, son unha ducia os nenos e nenas participantes.

O Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que terá lugar durante ata o 14 de febreiro nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Tres días nos que a rapazada desfrutará dunha programación lúdica, con obradoiros e xogos relacionados con esta época de Entroido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.