O piano de Dieste e a tradición musical galego-portuguesa centran unha nova cita en Rianxo

20 Xaneiro 2020

Este xoves 23 a recentemente remodelada Casa-Museo de Rafael Dieste na vila de Rianxo vai seguir a súa traxectoria ascendente como espazo cultural simbólico e dinamizador cunha charla-concerto que lle toca de preto, temática e patrimonialmente: as Conversas na de Dieste, que terán como protagonista ao propio autor rianxeiro (poñendo o foco no seu piano persoal, un Ortiz & Cusso datado a comezos do século XX, que constitúe un dos grandes tesouros da súa colección de obxectos materiais, recuperado para este proxecto local da Casa-Museo).

O histórico instrumento será o fío condutor dunha charla con José Luís do Pico Orjais, investigador musical da Illa de Arousa (malia ter nacido no Grove) e co-fundador do proxecto Folque e a banda Leixaprén, entre outras iniciativas referenciais de reivindicación da nosa tradición musical galego-portuguesa.

A Charla de José Luís do Pico será complementada cunha intervención musical a cargo de Barahúnda (A música de Barahúnda nas cantigas de amor e de amigo).

A actividade vén da man da Asociación Cultural Bubela de Abuín, coa colaboración do Concello de Rianxo. Será o día 23 de xaneiro a partir das 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.