18F: Rueda asegura en Ribeira que se presenta ás eleccións porque quere unha Galicia aínda mellor para as familias e para a mocidade: “Votemos polo que funciona”

12 Febreiro 2024

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou en Ribeira que, fronte a un multipartito de esquerdas que vai en contra dos intereses dos galegos e galegas, a razón de ser do seu partido non son nin a ideoloxía nin o propio partido: “A nosa razón de ser é Galicia”.

No mitin celebrado en Ribeira, o líder dos populares galegos apelou á unidade dun pobo unido que teña á súa disposición un Goberno dedicado a nada máis que a gobernar. Algo que, na súa opinión, debería ser o normal pero nestes tempos se converteu en algo excepcional.

Neste sentido, lamentou que no conxunto de España a cidadanía teña que mirar con preocupación a unha política que se ten convertido nun tumulto constante do que quere librar a Galicia. Por iso, asegurou, o 18 de febreiro os galegos tamén teñen a oportunidade de buscar alivio nos seus políticos e contribuír a arranxar todo o que o egoísmo e os partidismos avariaron.

Pediu así o voto para que Galicia conserve todo o que funciona desde a serenidade, a sensatez e a eficacia.  E, apelando ao orgullo do que os galegos acadamos xuntos ao longo destes anos, asegurou que se presenta ás eleccións porque quere máis e mellor para Galicia.

Unha Galicia aínda mellor para as familias, para a mocidade e para todos os que día a día recorren a unha sanidade pública que ofrece prestacións únicas en España e que necesita que Pedro Sánchez lle permita contar con todos os médicos que o Goberno galego quere contratar.

“Votemos polo que funciona”, concluíu pedindo a súa confianza a todos os asistentes ao acto e garantíndolles que responderá co valor da palabra dada a toda a confianza que os galegos depositen nel o próximo domingo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.