“Os desembarques de pesca nas lonxas estatais caeron un 11,5% en 2023” – Antón Luaces

12 Febreiro 2024

O descenso xeneralizado en 18 das 23 lonxas integradas na rede de Portos do Estado é evidente: só 4 acadaron mellorar o resultados do ano 2022, segundo se tira das estatísticas anuais do ente que depende do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. En conxunto, as lonxas nacionais pecharon o ano cun resultado de 130.545 toneladas.

Vigo volve liderar o ranking, pechando o ano cun acumulado de 32.102 toneladas menos. É un descenso do 5,6% fronte aos datos de 2022. En segundo lugar está A Coruña  cunha caída do 3,2% e un acumulado de 27.230 toneladas. Pasaia ocupa o terceiro lugar con 18.671 toneladas e un 2% de caída). A Bahía de Cádiz figura en 4º posto con 12.200 toneladas (un 3% menos) e Xixón supera por poucas toneladas a Avilés, que descende da 4ª á 6ª praza.

En España a primeira venda caeu un 5% en volume,  cun acumulado de 334.000 toneladas e un 9% en valor, en comparanza co mesmo período de 2022. As lonxas españolas facturaron 1.097  millóns de euros nos nove primeiros meses do ano pasado, manténdose, con todo, na primeira posición da UE.

Na banda contraria, a frota danesa acumulou de xaneiro a setembro 610.000 toneladas (un 18% máis) por  valor de 405,4 millóns de euros (un 14% máis).

Dinamarca é a única potencia pesqueira europea que  mellorou os postos de valor e volume en  primeira venda no ano 2023. A  redución en capturas e, en  consecuencia, de actividade vinculada  á primeira venda de peixe non afecta unicamente a España. Das cinco principais potencias só Dinamarca se salva dos números roxos, segundo os datos recollidos por EUMOFA.

Resumindo, Vigo é o primeiro porto pesqueiro de Galicia., con 55.162 toneladas (10,4% sobre o total de España); segundo, A Coruña, 38.430 toneladas (6,98%); terceiro, Marín, con  6.979 toneladas (1,27%), seguido Vilagarcía, 6.100 toneladas (1,11%); Viveiro, 5.583 Tm. (1,01%); Ribeira, 2.279 Tm. (0,41%); Bueu, 2.174 Tm. (0,39%); Sada, 2.099 (0,38%); Ferrol, 1710 (0,31%); Muros, 1.541 (0,23%); Noia, 1.451 (0,26%); Sanxenxo, 1.211 (o,22%%); A Pobra, 1.045 (0,19%); ou Cangas, 956 Tm. (0.17%). 

Non son as grandes cifras de anos anteriores e mesmo  algunhas destas chaman poderosamente a atención. É o caso de Ribeira, cuxa actividade pesqueira é dabondo recoñecida, ao igual que o son Portosín, Porto do Son ou Aguiño, que non figuran na listaxe citada.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.