O Pleno de Boiro aproba a inversión dos 802.815 euros do POS provincial a obras de pavimentado e gastos sociais extraordinarios

08 Febreiro 2024

O Pleno da corporación do Concello de Boiro deu luz verde ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña destinado a obras e gastos sociais. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, explicaron polo miúdo os proxectos.
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña un total de 802.815,32 euros correspondentes ao Plan de Obras e Servizos (POS+2024).
Este importe está dividido en obras e gasto corrente, para o que se destina un total de 691.533,99 euros, e gastos sociais extraordinarios, para o que se destinan 111.281,33 euros.
O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu á Deputación da Coruña “esta achega que nos fai aos concellos da provincia de forma equitativa e con criterios obxectivos”. “Unha achega que nos axuda moito aos Concellos que, como Boiro, empregamos para facer obras en núcleos rurais das distintas parroquias da comarca”, afirmou.

Renovación do pavimento e mellora da seguridade vial na subida de Espiñeira
Unha actuación de 147.100,33 euros que consiste na renovación do pavimento asfáltico e instalación de garda railes na principal vía de enlace entre o núcleo urbano de Boiro e o polígono industrial de Espiñeira, así como o principal acceso ao instituto público de Espiñeira.
Renovación de servizos e pavimento na rúa 52 entre o encontro cos DP-1107 ata o Esteiro As obras ascenden a un total de 148.843,26 euros para levar a cabo a instalación dunha nova rede de recollida e canalización de augas pluviais así como a instalación dunha nova rede de auga potable e a reposición do pavimento do vial.
Renovación de pavimentos en núcleos rurais
Trátase dun proxecto dun importe de 153.206,10 euros co que se busca a mellora de camiños públicos municipais cun importante estado de deterioro para mellorar a vertebración do territorio. Vaise actuar no Boiro de Arriba, Armada e Aspra, Cubeliños, Pazos de Coroño, e pavimento e pluviais no Saltiño.
Acondicionamento do entorno do Lavadoiro de Comoxo Unha actuación dun importe de 323.194,90 euros que se levan no POS+
adicional, unha obra coa que se pretende acondicionar unha zona do núcleo de Comoxo, renovando o lavadoiro e acondicionando e humanificando a contorna.

Ademais destas actuacións o Concello de Boiro vai destinar un importe de 242.384,33 euros da axuda provincial a financiar gastos correntes e un importe de 3.234,54 euros para a redución da débeda.

En canto ao POS+ de gastos sociais extraordinarios vaise destinar aos seguintes conceptos: Reforzo do persoal técnico administrativo – 20.000 euros

Ampliación das partidas destinadas a axudas de emerxencia – 27.281,33 euros
Axudas de respiro familiar – 20.000 euros
Atención a persoas sen fogar – 1500 euros
Atención a persoas vulnerables – 14.900 euros
Axudas en gastos de consumo enerxético – 2.500 euros
Adquisición de equipamento técnico e asistencial para cesión – 13.000
euros
Equipamento para actividades e programas sociais – 12.100 euros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.