Galicia en alerta por vento e choivas intensas a partir deste mércores coa chegada da borrasca Karlotta. Poden rexistrarse ata 300 litros acumulados en sete días en Galicia

06 Febreiro 2024

Meteologix

A chegada dunha profunda borrasca polo noroeste da comunidade poñerá este mércores e xoves a Galicia en alerta por vento e choivas intensas.

Así, a partir da tarde do mércores, a borrasca activará a alerta amarela nas zonas da Mariña e Noroeste da Coruña por vento, mentres que o aviso por vento no mar estenderase a toda a costa galega.

Xa o xoves, a xornada quedará marcada polos fortes ventos e as choivas intensas. Activarase o aviso amarelo por concentración de precipitacións en 12 horas no oeste e suroeste da Coruña e en toda a provincia de Pontevedra.

Ademais, toda Galicia estará en alerta amarela por vento, que será laranxa na Mariña e nas montañas de Lugo e Ourense. Así mesmo, o aviso por vento no mar tamén será laranxa en toda a comunidade ata as 15 horas, cando se prevé que baixe a amarelo ata as 21,00 horas.

O modelo canadiense indica que Galicia pode rexistrar ata 300 litros acumulados de chuvia en sete días.

AEMET

O temporal chegará o mércores pola noite e prolongarase polo menos durante todo o xoves. Para esa xornada a Axencia Española de Meteoroloxía advirte de importantes acumulacións de choivas na maioría do territorio, pero sobre todo en áreas como o suroeste da Coruña, as Rías Baixas e o tramo final do Miño.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.