
Todo cidadán español con DNI ou Pasaporte, é dicir cidadán español de pleno dereito.
Pero nas autonómicas, por razóns de morriña, ou de amor á terra mal entendido, os netos de españois que solicitasen a nacionalidade, sen nunca pisar chan español, teñen dereito ao voto.
Unha nacionalidade pola memoria ou o recordo enténdoo, pero decidir o futuro dunha terra quen nunca viviu nela, quen a descoñece en todas as súas causas, paréceme excesivo.
Entendo absolutamente que quen estea rexistrado no CERA, rexistrados no consulado, coa súa familia en España ou no estranxeiro teñan dereito a voto.
Eu fun membro do Consello de Residentes, eleccións en urna, defendín e tramitei os dereitos dos españois na emigración.
Os emigrantes teñen dereito a voto, porque é un voto dolorido, a súa familia reside en España, ou ben con el alí onde sexa, ten intereses directos no país, eles deciden o seu futuro.
Pero o neto daquel avó que se marchou por razóns varias non pode decidir o futuro da comunidade, nin do país, cuxa única relación son unhas fotografías, unhas memorias case esquecidas, ou un vago recordo.
No seu día intercedín ante Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, ou co embaixador en Washington Excmo. Sr Antonio de Oyarzábal, ou con D. Antonio Cámara, director de gabinete para asuntos de organización e secretario persoal de Aznar
Sempre defendendo os intereses non só dos galegos, senón dos españois.
Todo ese o meu traballo, toda a miña dedicación, non me permiten ver aceptable, que quen nunca visitou, persoas que non teñen vencellos coa terra, decidan o futuro dela.
Co paso do tempo, recoñecido o meu intenso labor fun convidado a dar unha conferencia na sede da embaixada en Washington, acompañado por Tomas Oliva, funcionario da embaixada.
Todo iso cos meus mellores desexos para esta terra que me viu nacer e que un día, recollerame no seu colo



