“Máis de 150 páxinas para un informe sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo cheo de incertezas”. Antón Luaces

04 Febreiro 2024

Cabe a posibilidade de que todos cantos temos falado do informe da CIAIM sobre causas, culpabilidades e motivos do naufraxio en augas de Terranova do arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo raiaramos a temeridade nos xuizos emitidos ao respecto.
Porque pode citarse en boa lei á CIAIM cando esta non asumiu, de feito, a autoría do devandito informe?. Por que non asina este órgano de Mariña Mercante o ditame dado a coñecer e do que falamos, que sirve, entre outros, aos avogados que representan no caso ao Grupo Nores, que sempre citan a técnicos mais non a membros desa Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos á que dende un principio nos referiamos?.
Vaiamos por partes: Ese informe de máis de 150 folios son as conclusións tiradas maiormente das denuncias realizadas polo mariñeiro ghanés Samuel Kwesi, un dos tres sobreviventes da traxedia rexistrada na mencida do 15 de febreiro de 2022 (os outros dous son o patrón do buque, Juan Enrique Padín Costas, e un sobriño deste, mariñeiro, cuxas decraracións para nada ou case que nada cadran coas feitas por Kwesi dende un principio).
A estas conclusións publicadas chegaron un licenciado en Mariña Civil (non por un capitán da Mariña Mercante ou de Pesca, como sería lóxico) e un enxeñeiro naval (que se supón ten coñecementos dabondo sobre as peculiaridades dun pesqueiro das características do concernido neste caso), autores materiais dese controvertido ditame no que podería existir un exceso de detalles non demostrados e non sei se demostrables.
O Villa de Pitanxo foi construido canda o Villa Nores, o seu xemelgo, que segue a navegar. O primeiro está afundido a 756 metros de profundidade e a unha distancia da illa canadiana de Terranova de máis de 200 millas, como consecuencia das manobras de virada do aparello, este cunha boa copada de peixe. O citado como primeiro era un conxelador de arrastre ao que unha reforma posterior á súa botadura reduciu o francobordo, o que por especialistas consultados é considerado coma unha “verdadeira temeridade”. Tamén tería reformado bodegas. Pero en ningún caso aparecen os expedentes deses cambios experimentados na estrutura do buque e que, en total, afirman as fontes consultadas por O Barbanza, serían unhas nove as levadas a cabo e que converteron o Villa de Pitanxo “nunha especie de submariño” no que, ao dicir dos tripulantes, a auga “anegaba o parque de pesca” a pouco que as ondas superaran a cuberta.
Poideron incidir esas nove reformas realizadas no pesqueiro marinense na estabilidade do buque á hora de respostar este ao esforzo ao que supostamente se lle sobmetía aquela fatídica noite do 15 de febreiro de 2022?.
O patrón e o seu sobriño, nada teñen dito ao respecto. Algo apuntou Samuel Kwesi; pero os armadores gardan absoluto silenzo, ao igual que o fan no que atinxe á saída do Villa de Pitanxo en teoría cara aos caladoiros de NAFO e con persoal alleo (non enrolado) a bordo.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.