Sábado, San Brais, seguimos con sol e temperaturas altas para a época

02 Febreiro 2024

Non se agardan grandes cambios para a situación meteorolóxica do sábado, continuando a comarca na influencia das altas presións. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa, localmente persistentes, que darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas poderán ascender lixeiramente e as máximas permanecerán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral, con intervalos fortes no extremo norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, variable á tarde e do leste á noite, forza 1 a 3 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.