Ribeira celebrará o Encontro de Maiores cunha laconada e doces típicos de Entroido

02 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira anunciou que o Encontro das Persoas Maiores vaise celebrar o vindeiro día 25 de febreiro no Pavillón da Fieiteira. Espérase dar acollida a máis de 870 persoas maiores de 55 anos ou xubiladas. O evento comezará ás 12:00 horas coa celebración relixiosa e ás 13:00 horas coa recepción, por parte do alcalde e do Goberno municipal, Luís Pérez Barral, ás persoas participantes.

O rexedor fixo o anuncio este venres 2 de febreiro acompañado polo concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño e polos presidentes do clubs de xubilados de Corrubedo Estrella Franco, de Palmeira Antonio Muñiz, de Aguiño Manuel Pérez e de Ribeira Cipriano Ramallo.

Pérez Barral destacou que este Encontro do Maior “supón unha xornada de convivencia que contribúe a fortalecer os lazos de amizade e permítenos facer unha homenaxe a todas as persoas que tanto e tanto teñen contribuído para conformar o pobo que hoxe é Ribeira”.

Pola súa banda, o edil de Servizos Sociais informou que haberá autobuses, que sairán do porto comercial de Ribeira, para facilitar o acceso e evitar o uso do vehículo particular. “Ademais do xantar, haberá unha boa orquestra para amenizar a xornada da tarde” asegurou Mariño de Bricio.

As entradas terán un custo de 16€ e poderán adquirirse nas instalacións do Concello de Ribeira, localizadas no antigo auditorio, a partir do mércores 14 de febreiro. O pagamento farase mediante tarxeta nas propias instalacións municipais ou ben mediante unha carta de pago para levar ao banco.

Entre as principais novidades figura a do propio xantar, que terá como pratos principais os típicos do Entroido (haberá entrantes, 3 mariscos, lacón con grelos, sobremesa de entroido e bebida). Ademais haberá dispoñibilidade menús para persoas intolerantes ou con problemas de alerxias ás que se lle faría un menú especial.

Dende o Concello de Ribeira informan que proceden á “redución de gastos superfluos” e que “a Corporación municipal deberá mercar a entrada como calquera outro veciño”.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.