Na xornada do xoves seguiremos coa influencia anticiclónica sobre Galicia, con circulación do nordés. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa a primeiras horas en comarcas do interior que se irán disipando, quedando ceos con nubosidade de tipo alto durante todo o día. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado mentres que as máxima permanecerán sen cambios ou con lixeiros descensos no litoral norte do territorio. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral, moderados no litoral.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



