Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids

06 Outubro 2026

Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids. Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade. Os participantes de 3 a 5 anos completarán un trazado de aproximadamente 500 metros, mentres que os de 6 a 12 anos realizarán un percorrido duns 900 metros.

A inscrición ten un prezo de 8 euros e inclúe camiseta e medalla finisher. A proba será cen por cen solidaria grazas ao apoio de Banco Mediolanum e do proxecto Mediolanum Aproxima, coa recadación destinada a Cruz Vermella Xuventude.

Máis información e inscricións en Deporticket.com.

Para quen non o saiba, Gladiator Kids é a versión adaptada para os máis pequenos do coñecido evento de resistencia Gladiator Race. A distancia a percorrer pola rapazada participante depende do grupo de idade, cun circuíto duns 500 metros para os máis pequenos (de 3 a 5 anos) e de entre 800 e 900 metros para os maiores (de 6 a 12 anos). O itinerario inclúe retos adaptados como zonas para reptar, rodas, valados, pequenas pirámides e barras de equilibrio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.