O Concello de Rianxo facilitará a recollida de residuos co seu punto limpo móbil

02 Outubro 2026

O Concello e Rianxo confirmou a recepción do punto limpo móbil que dará servizo ambiental nas parroquias do termo municipal, facilitando a reciclaxe e o correcto tratamento de todo tipo de residuos e, sobre todo, evitando desprazamentos á veciñanza. O dispositivo foi adquirido grazas a unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

“Trátase dun novo servizo que axiña estará dispoñíbel para recoller todo tipo de residuos como pilas e baterías; lámpadas e fluorescentes; roupa; ou incluso pequenos electrodomésticos”, informou o alcalde Julián Bustelo, engadindo que o punto limpo móbil desprazarase de maneira periódica por todas as aldeas favorecendo a reciclaxe e diminuíndo a cantidade de residuos inapropiados que rematan depositados no contedor da fracción resto.

Nos vindeiros días publicarase o calendario de coas datas e localizacións para as próximas semanas.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.