Julián Bustelo liderará a candidatura do PSdG de Rianxo de cara ás eleccións municipais de 2027

10 Outubro 2026

O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña e Rianxo en Común alcanzaron un acordo político de cara a articular unha candidatura unitaria de cara ás vindeiras elección municipais.

Bustelo encabezará a candidatura baixo as siglas do PSdeG-PSOE, que integrará a persoas que na actualidade forman parte tanto de Rianxo en Común como do PSOE.

O acordo, explicaron, permitiu “reunir nun único proxecto político dous grupos que suman actualmente 10 concelleiros  (cinco cada un deles) na Corporación municipal”. O obxectivo, sinalaron, “é sumar equipos, experiencia e capacidade de xestión para construír unha candidatura progresista máis ampla e reforzada, capaz de afrontar con maior fortaleza os retos de Rianxo nos próximos anos”.

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, Bernardo Fernández, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valoraron positivamente “un acordo que permite sumar persoas, experiencia e capacidade de traballo arredor dun gran proxecto progresista para Rianxo” e agradeceron a “altura de miras” das bases de ambas formacións políticas para “sumar forzas, poñer por diante os intereses da veciñanza de Rianxo e mellorar a interlocución con outras administracións para impulsar servizos públicos, actividade económica e investimentos nas distintas parroquias”.

Neste sentido, ámbolos dous destacan algúns dos proxectos nos que veñen traballando conxuntamento o Concello de Rianxo, onde goberno Rianxo en Común, e a Deputación Coruña, onde goberna o PSdeG-PSOE, como é o caso da futura residencia de maiores do município ou o centro de día.

O acordo parte tamén da vontade de ampliar a base social do proxecto socialista en Rianxo, incorporar novas persoas e sensibilidades e construír unha candidatura na que conflúan continuidade, renovación e experiencia municipal.

Ámbalas dúas partes destacaron “a importancia deste acordo nun momento no que a crispación e a confrontación son os protagonistas da vida política”.

O actual rexedor sinalou que “a nível local non fomos alleos á tensión que na actualidade se vive en moitas outras corporacións ou parlamentos, porén, fomos quen de dar un paso valente e poñer por diante de calquera outra cousa os intereses do conxunto da veciñanza de Rianxo”.

Óscar Rial continuará vinculado ao proxecto socialista

A dirección provincial quere recoñecer o traballo desenvolvido por Rial, polo Grupo Municipal e pola Agrupación Socialista de Rianxo, así como a súa contribución a este acordo desde a responsabilidade, a exemplaridade e a lealdade ao proxecto socialista de Rianxo.

Rial continuará como secretario xeral da Agrupación e vinculado ao Partido Socialista, aínda que deixará a portavocía municipal.

Os detalles do acordo serán presentados publicamente nos próximos días nunha rolda de prensa en Rianxo.

O PSdeG afronta así unha nova etapa en Rianxo coa intención de construír unha candidatura forte e ampla centrada nas necesidades da veciñanza e no futuro do municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.