Falece unha persoa tras caer cunha carreta portacontedores ao mar no porto de Vilagarcía

04 Outubro 2026

O vehículo precipitouse á auga no peirao de Ferrazo este domingo ao mediodía, mobilizando un amplo dispositivo de emerxencias.

O condutor do camión, duns 60 anos e veciño da zona, estaba contratado por unha empresa externa que fai servizos para o porto. Cedida

Un tráxico accidente laboral cobrouse a vida dunha persoa este domingo, 4 de outubro, nas instalacións portuarias de Vilagarcía de Arousa, tras caer á auga a máquina que manexaba no peirao de Ferrazo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112 Galicia) recibiu o primeiro aviso arredor das 12:40 horas. A chamada de alerta inicial advertía da posible caída dun camión ao mar co seu condutor atrapado no interior. De inmediato activouse un amplo operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Servizo de Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo, os Bombeiros do Salnés, a Policía Nacional, a Garda Civil e a Protección Civil de Vilagarcía.

Unha vez no lugar, os mergulladores de Gardacostas comprobaron que o vehículo afundido era en realidade unha carreta portacontedores e procederon á súa inspección submarina sen atopar ao operario na cabina.

Minutos despois, a vítima foi localizada na auga no interior da dásega portuaria e recuperada pola tripulación dun remolcador de Salvamento Marítimo. Malia a rápida intervención dos equipos desprazados, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. O condutor do camión, duns 60 anos e veciño da zona, estaba contratado por unha empresa externa que fai servizos para o porto.

Outros artigos

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.