
O Concello de Rianxo informou do inicio da execución do proxecto de remodelación da zona deportiva situada a carón do Campo de Arriba, no centro da vila. Trátase, segundo informaron dende o equipo de Goberno durante unha visita á contorna celebrada esta semana, dunha actuación que “obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”.
O proxecto inclúe a creación dunha pista multideporte e dun circuíto de calistenia.
A actuación conta cun orzamento total de case 50.000 euros.
Para estes traballos o Concello recibiu unha axuda da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por importe de 33.866,45€.
“Trátase dunha actuación que obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”, informou o Concello. Como dixemos, o proxecto inclúe a creación dun circuíto específico de ximnasia ao aire libre, outra demanda de moitos veciños e veciñas.




