Crónicas ribeirenses: “Adeus, meu Manoliño. Que soíña me deixas!”

08 Outubro 2026

E Manoliño saía a ombreiros de familiares e amigos pola porta da casa.

No interior desta, rezando, chorando, lembrando, bicando fotografías en branco e negro, o consabido coro de carpideiras nun pranto inconsolable acompañado polo tanxido das campás da igrexa parroquial que Albino repenicaba incansablemente ata que o defunto entraba na igrexa para a misa de corpore in sepulto que oficiaba don Juan (párroco de Ribeira) ou don José, ou ambos os dous xunto a outros cregos de parroquias máis ou menos de preto.

Nunha ocasión -a primeira e única na miña vida- levei o estandarte dun enterro. Nunca pensei que tal cousa chegaría a producirse, pero si, e produciu: o párroco, don Juan, veu pola mañá ao Colexio Compostela, falou co director do centro, don Juan Emilio Álvarez de Prado e cando rematou a conversa entre eles, o profesor chamoume á súa mesa e díxome que morrera un mariñeiro de Bandaurrío que ía ser enterrado a media mañá no cemiterio municipal (que eu aínda non coñecía). Díxome que o párroco non dispuña de quen se fixera cargo do estandarte no percorrido entre a vivenda do finado e a igrexa, se podería encargarme eu dese labor.

Non vin máis outra cousa no acto que o feito de me ver libre dunhas clases entre as que estaba un ditado -un máis- do libro de Cervantes El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha, tantas veces empregado para a mesma fin. E tendo en conta que o profesor era amigo de meu pai, supuña que sería algo a ter en conta.

Ás once da mañá, o cura párroco xa estaba á porta do colexio co estandarte baixo o brazo e na compaña dun acólito que levaba a auga bendita. Chamoume o mestre e con el fun ao encontro do señor cura e o acólito. Entregoume don Juan “Perreras” o estandarte e puxémonos en camiño sen nos falar ata a porta da casa familiar do finado, onde don Juan me dixo que tiña que ir ata a igrexa parroquial diante de toda a xente co estandarte ben alto.

Non fixo máis que entrar na casa mortuoria o párroco -o acólito e máis eu detrás del- e comezaron os choros e laídos como “Adeus, Manoliño, que soíña me deixas!”, “Adeus, meu paiciño querido!” e moitos outros do mesmo carácter. Había moita xente na estrada a carón da vivenda e, cando o cura me dixo, comecei a camiñar, co estandarte despregado. 

Todo ía ben ata que chegamos ao cruceiro, onde había que facer unha pequena pequena parada de oración que foi cando me decatei do forte vento que viña do mar e que facía que o estandarte veleara coma se fose unha dorna.

Eu non era quen de aguantar o estandarte e foi Manolo de Sofía, home baril e afoutado, quen veu no meu auxilio envolvendo no mastro o estandarte e dicíndome que “non arríes ata que cheguemos á igrexa, que o vento é do nordés, forte, e pode levarte a ti e máis ao estandarte”. 

Ao chegarmos á reloxaría de Eugenio, as campás da igrexa repinicaron de novo ata que a comitiva entrou no templo, onde se oficiou unha misa, depositamos a auga bendita e o estandarte, e don Juan (o párroco) agasallounos ao acólito e a min con cada en súas catro obleas sen consagrar  (“que vos aproveite”, nos dixo, recomendándome que volvese á escola e agradecese da súa parte ao mestre o favor prestado). 

Na porta da casa de Moraña, as irmáns de Xuño Tomasa e Manuela anunciaban hora e día dos funerais. Albino, o sancristán, ao seu: campá ven, campá vai. 

Outros artigos

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

¡Jubiladas-os, vuestra es la voz! Empiezo en femenino por atención a las mujeres fieles que cada día, me regalan su opinión sobre mis escritos. Sufridoras de este sistema corrupto, miedo a lo que vendrá. Dame la mano y caminemos juntos. En España hay 10 millones de...

+

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

Estuvo en España Emmanuel Macron y, al hilo de su visita, es procedente recordar lacapacidad de Francia para marcar tendencias más allá de sus fronteras. La Ilustraciónsentó las bases de la democracia moderna, la Revolución Francesa precipitó el final delabsolutismo y...

+

“La ceguera mental de un regidor”. José Fernández Lago

Los que en estos momentos ya somos mayorcitos, hemos recibido en diversos ámbitos, cuando éramos jóvenes, la misma afirmación: que, en todas las instancias superiores a los individuos, hay que transmitir enseñanzas que sirvan para respetar a los demás y abrirles...

+

“El faro del Camino de Santiago”. Alberto Barciela

Las rutas hacia Compostela persisten inamovibles, pavimentadas de pasos, de experiencias y de historias que transitan por los siglos y hacia otras geografías. Como bien recordó el historiador Marc Bloch, el Camino de Santiago fue, más que una ruta de fe, el gran canal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amancio”. Xulio Xiz

“Amancio”. Xulio Xiz

En tempos, había un Amancio famoso, grande do futbol dentro e fóra de España, que fixo popular ese nome. Na actualidade, eu teño dous amigos que se chaman Amancio, que me provocan unha grande simpatía.Un, cantor singular, Amancio Prada, ao que trato hai máis de catro...

“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva

“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva

Ángel González ten un fermoso poema titulado «Inventario de lugares propicios al amor». Hoxe, na vertixe desta época, seguimos a precisar ese percorrido do poeta ovetense, e quizais algúns máis: un sobre os lugares propicios para a lentitude; outro, sen dúbida, para...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.