
A XII Carreira Popular “Concello de Rianxo” celebrarase o próximo sábado 31 de outubro de 2026 na vila rianxeira, a partir das 16.30 horas. Esta proba está plenamente consolidada no calendario do atletismo galego e forma parte de circuítos comarcais e provinciais. En concreto, a proba inclúese no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña, rexido polo seu propio regulamento, que complementa a estas bases.
As inscricións están abertas en Emesports.es ata o martes 27 de outubro de 2026 ás 23:59 horas (non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos).
A inscricións será de balde para as categorías de xoubas a sub 16 e sapatilla inclusiva.
Terá un custe de 8 euros nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster. Os percorridos abranguerán dende os 100 metros para as categorías de menores ata os 10.000 metros (10k) para a proba absoluta.



