Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

05 Setembro 2026

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira.

Premio Recoveira

O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena edición da feira Artemar. A iniciativa, impulsada polo goberno local para estender o ambiente mariñeiro máis aló dos propios postos da feira, resolveuse a través dos votos emitidos directamente pola cidadanía.

Os negocios que acadaron o maior respaldo do público nesta convocatoria foron:

  • O Bazar de Álvaro
  • Iluminación Lijó
  • A Recoveira
Iluminación Lixó

Os propietarios dos tres locais recibiron as súas distincións da man da concelleira de Turismo, Ana Barreiro. Asemade, a implicación veciñal tivo recompensa co sorteo realizado entre todas as persoas que participaron na escolla, no que resultou premiada Gloria Gómez Pazos.

A feira Artemar, celebrada entre o 13 e o 16 de agosto, reuniu preto dun cento de casetas de artesanía nas rúas peonís xunto a diversas propostas culturais e espectáculos de rúa. Durante o acto de entrega, a edil subliñou o compromiso dos participantes para acadar o obxectivo común de “mergullar o centro da cidade nese mundo mariñeiro con predominio das redes ou apeiros de pesca, entre outros elementos”, reforzando a identidade visual da vila durante os días da cita festiva.

Bazar de Álvaro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.