FITAGAL regresa a Ribeira con sete espectáculos de teatro afeccionado galego e internacional

17 Setembro 2026

Ribeira acollerá por segundo ano consecutivo o FITAGAL, o Festival Internacional de Teatro Afeccionado de Galicia, que se desenvolverá no Auditorio Municipal entre o 3 e o 25 de outubro cunha programación de sete espectáculos, dous máis que na pasada edición.

O certame, que está organizado pola Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FETEAGAL) coa colaboración do Concello de Ribeira e da Deputación da Coruña, e consolida a cidade como “sede desta proposta dedicada á promoción e difusión do teatro afeccionado”, segundo indicou na presentación a concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, afirmando que “nesta quinta edición do ciclo, a segunda en Ribeira, o festival amplía a súa programación e aposta pola diversidade de estilos, temáticas e linguas, coa participación de compañías galegas e unha formación procedente de Portugal. Deste xeito, ampliamos a oferta de teatro durante todo o mes de outubro desde o venres ata o domingo”.

As representacións serán os sábados e domingos ás 20.00 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala. As portas abrirán media hora antes de cada función.

O programa comezará o sábado 3 de outubro coa compañía ourensá Esteta, de Taboadela, e Anos de silencio. O sábado 10 actuará The Sastre, de Barbadás, con Deus non quere calderilla, e o domingo 11 será a quenda de Allegro, de Vigo, con Don Quijote nos infernos.

O sábado 17 chegará desde Portugal Teatro de Balugas, coa obra Barro dos diabos, mentres que o domingo 18 actuará Delatoute, de Ourense, con Arsénico por compasión.

Na última fin de semana, o sábado 24, Noite Bohemia, da Coruña, representará Mucho ruído y pocas nueces, gañadora do Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino en 2025. O festival pecharase o domingo 25 coa compañía Metatese, de Palas de Rei, e a obra Na procura dun traballo. Ao remate celebrarase a cerimonia de clausura, coa entrega de agasallos institucionais ás compañías participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.