O Porto do Son sumará máis de catro quilómetros de itinerario peonil e ciclista ao longo da AC-550

07 Setembro 2026

A Xunta destina 2,65 millóns de euros a crear máis de catro quilómetros de senda peonil e ciclista na AC-550 no Porto do Son

O proxecto, aprobado polo Consello da Xunta con declaración de utilidade pública, executarase en dous tramos entre Linteiros e Portosín, e de Freixedo a Campo de Prado.

Imaxes de planta de actuacións previstas:

A Xunta de Galicia deu luz verde definitiva ao proxecto de trazado para construír unha nova senda mixta para peóns e ciclistas ao longo da estrada autonómica AC-550 no termo municipal de Porto do Son. A actuación, cofinanciada con fondos europeos FEDER do período 2021-2027, contará cun orzamento próximo aos 2,65 millóns de euros e terá un prazo de execución estimado de 14 meses unha vez se adxudiquen as obras.

O itinerario desenvolverase en dous tramos independentes paralelos á calzada:

  • Treito Linteiros – A Gafa: Discorrerá pola marxe esquerda ao longo de algo máis dun quilómetro (entre os puntos quilométricos 78+320 e 79+400) para enlazar coas beirarrúas actuais que chegan ata Portosín.
  • Treito Freixedo – Campo de Prado: Situado na marxe dereita, abranguerá 3,2 quilómetros entre a saída de Freixedo e o tanatorio de Campo de Prado (do quilómetro 81+400 ao 84+600), aínda que se actuará sobre 2,3 quilómetros debido á presenza dun inmoble apegado á beiravía que impide o paso nese punto concreto.

A senda contará cun ancho superior aos dous metros, estará sobreelevada catro centímetros respecto da beiravía e pavimentarase con formigón bicapa en ton terrizo, reforzado con mallazo nos accesos a parcelas e dotado de franxas podotáctiles nos cruces viarios e nas paradas de bus. O deseño incorpora tamén unha rede de drenaxe de pluviais, canalizacións soterradas para futuras redes de alumeado e telecomunicacións, e diversos muros de contención e cachotería ao longo do percorrido.

Entre os elementos estruturais máis destacados da intervención atópase a construción de dúas pontes para salvar cauces fluviais: unha pasarela pilotada de nove metros de luz sobre o río Hornanda e outra estrutura de 15 metros sobre o río Quintáns. De xeito complementario, o proxecto permitirá acondicionar e facer accesibles seis paradas de transporte público —reubicando tres delas e renovando as marquesiñas conforme aos estándares autonómicos— para garantir unha mobilidade máis sostible e segura no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.