O Porto do Son pon a punto a súa escola infantil pública cun investimento autonómico de 50.000 euros

05 Setembro 2026

A conselleira Fabiola García e o alcalde Luís Oujo supervisaron o remate das obras a dous días do comezo do novo curso gratuíto de cero a tres anos.

A escola infantil pública autonómica do Porto do Son ten xa a punto as súas instalacións tras completarse as obras de reforma impulsadas pola Xunta cun orzamento de 50.000 euros. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este sábado o centro acompañada polo alcalde da localidade, Luís Oujo, para comprobar o resultado dos traballos antes do reinicio da actividade lectiva.

A intervención, contratada e executada polo propio Concello a través de fondos autonómicos, permitiu instalar un novo sistema de climatización en todo o centro, sumar novos módulos de almacenamento para as aulas, colocar unha cancela de seguridade no vestíbulo de entrada e completar a limpeza e o pintado de todas as fachadas exteriores.

Esta obra forma parte dun programa autonómico máis amplo dotado con case 980.000 euros do Fondo de Cohesión e Transformación Social, destinado a financiar reformas, mantemento e compra de equipamentos en escolas infantís públicas de titularidade municipal e autonómica por toda Galicia.

Durante o percorrido polas instalacións, Fabiola García lembrou que este luns 7 de setembro comeza o quinto curso coa gratuidade universal no ciclo de cero a tres anos para todas as familias galegas, con independencia de que acudan a centros autonómicos, municipais, privados ou de iniciativa social. Unha aposta pola conciliación que, segundo destacou a titular de Política Social, permite a Galicia acadar unha taxa de escolarización do 64%, catorce puntos por riba da media estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.