O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

04 Setembro 2026

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Está previsto que o protocolo de fraternidade sexa asinado o vindeiro 19 de outubro, coincidindo co aniversario do nacemento de Virxinia Pereira e co aniversario do casamento da parella.

Como parte deste marco de colaboración, A Estrada acolle estes días na Casa das Letras a exposición itinerante Castelao Grafista. Facsímile, producida por Afundación Obra Social Abanca, en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. A exposición saiu á luz no marco das celebracións do Centenario da Xeración Nós (1920) e, logo de pasar por varios municipios galegos, chegou á capital estradense para enmarcarse nun 2026 que foi declarado Ano Cultural Virxinia Pereira, na honra dunha estradense que foi clave para a conservación do legado de Castelao.

A mostra quedará instalada na Casa das Letras ata o vindeiro 1 de outubro e poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto. Estará dispoñible de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30, podendo visitarse tamén os sábados (de de 10.00 a 13.30 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.