«O noso Camiño» recolle as vivencias de peregrinos e veciños en O Pino e Lestedo para o novo libro do sonense Adolfo Enríquez

02 Setembro 2026

O recoñecido fotógrafo Adolfo Enríquez, nado en Porto do Son. colaborador de O Barbanza e Código Cero, é o primeiro profesional español en acadar a Cámara de Ouro nos prestixiosos premios internacionais One Eyeland Awards, impulsa «O noso Camiño». Trátase dun proxecto artístico e colaborativo enfocado ao Xacobeo 2027 que busca capturar a esencia das rutas xacobeas a través da mirada directa de camiñantes e veciñanza.

A proposta baséase nunha instalación interactiva na que os participantes responden a preguntas sobre a súa experiencia e van encaixando pezas de gran formato ata construír unha escultura colectiva, única e diferente en cada concello. Tras arrancar en Mesía e pasar por Pontecesures, a iniciativa afronta a súa fase final de recollida de testemuños coas seguintes paradas:

  • O Pino (Xoves 3 de setembro): A instalación situarase a partir das 09:00 horas en Santa Irene, a carón do albergue de peregrinos, punto neurálxico onde conflúen o Camiño Francés, o Primitivo e o do Norte.
  • Fisterra (Venres 4 de setembro): Poderá visitarse desde as 10:30 horas na Praza da Constitución, fronte á oficina de Turismo onde se recolle a Fisterrana.
  • Lestedo, Boqueixón (Domingo 6 de setembro): Aproveitarase a Feira de Lestedo e a gran concorrencia de visitantes para a última recollida de impresións.

Todas as achegas reunidas nestas esculturas servirán de guía e inspiración para que o creador de Porto do Son percorra as distintas rutas galegas tomando as imaxes definitivas. O proxecto culminará nun libro de fotografía dixital e de balde, que poderá consultarse proximamente na web oficial onosocamino.com.

 

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.