O futuro da frota debátese o 11 de setembro en Ribeira (aberta a inscrición para a V Xornada de Pesca)

03 Setembro 2026

A V Xornada de Pesca de Ribeira, organizada pola OPP83 Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía (Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia), reunirá o vindeiro venres 11 de setembro a representantes das administracións e expertos do sector pesqueiro para analizar os retos que marcarán o próximo fondo marítimo-pesqueiro

Segundo informaron dende a cooperativa OPP83, a inscrición xa está aberta para participar nunha cita que terá lugar na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e na que se porá o foco nalgunhas das decisións e retos que marcarán o futuro inmediato da actividade pesqueira.

Baixo o título Claves para abordar a pesca no próximo fondo marítimo-pesqueiro, a xornada reunirá a responsábeis de distintas administracións e expertos para analizar cuestións de especial interese para a sector, desde o novo escenario que se abre tralo FEMPA ata as posibilidades de modernización da frota e a xestión das capacidades dispoñíbeis para os buques pesqueiros.

A xornada arrancará ás 9.30 horas coa participación da xerente da OPP83, María José Casais; o director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Juan Domingo Cambeiro; a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde; e a alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro.

Entre os principais contidos do programa destaca a mesa dedicada ao novo escenario posFEMPA, na que intervirán o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Isaac Rosón; e o subdirector general de Sostenibilidad Económica y Asuntos Sociales do MAPA, Manuel Pablos.

O programa tamén abordará o futuro da modernización da frota da man de Manuel Pablos e falarase das posibilidades de cesión de capacidade dispoñíbel a buques de pesca, contándose ademais coa participación da directora general de Marina Mercante, Ana Núñez. A xestión técnica desas capacidades centrará outro dos relatorios, que contará coas intervencións do director de Bureau Veritas España Norte, Ricardo Iparraguirre, e o director xeral de VICUSdt, Adrián Sarasquete.

A xornada, que conta con financiamento da Xunta de Galicia e o FEMPA no marco do PPeC 2026 da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, será clausurada por María José Casais e finalizará cunha degustación de produtos pesqueiros prevista para as 13.45 horas.

As persoas interesadas en asistir a V Xornada de Pesca de Ribeira poden formalizar a súa inscrición en liña.

A participación está aberta ata completar aforo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.