O corte do tramo final da AG-11 entre Palmeira e Ribeira afectará ao tráfico este mércores e xoves polas obras de firme

08 Setembro 2026

As obras na autovía do Barbanza obrigan a cortar o último tramo da AG-11 este mércores e xoves

Os traballos de reforzo de firme na autovía do Barbanza farán preciso pechar ao tráfico os dous sentidos de circulación no tramo final da AG-11 desde este mércores día 9 ata última hora do xoves día 10, concretamente entre o enlace de Palmeira no quilómetro 38 e o enlace final de Ribeira no quilómetro 40.

A causa desta restrición polos labores de estendido de aglomerado, os vehículos que viaxen en dirección Ribeira cara a Padrón terán que incorporarse á vía rápida no enlace de Palmeira, punto polo cal tamén deberán abandonar a autovía de xeito obrigatorio as persoas usuarias que circulen procedentes de Padrón

De forma paralela ás tarefas de asfaltado, as labores de repintado da calzada obrigarán a deixar operativo unicamente un carril por sentido ao longo de toda a semana no treito comprendido entre os quilómetros 32 e 38

Esta intervención da Xunta de Galicia abrangue a totalidade dos máis de 40 quilómetros do trazado da autovía cun orzamento superior aos 10,5 millóns de euros, partida que inclúe a reparación integral da capa de rodaxe en tronco e enlaces, a substitución da sinalización horizontal, a colocación de novo balizamento e a renovación das xuntas de dilatación nas estruturas da vía para incrementar a seguridade viaria.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.