O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira

07 Setembro 2026

O Concello de Boiro sacou a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira. A actuación conta cun orzamento de licitación de 140.629,04 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de setembro a través da Plataforma de Contratos do Sector Público.

O Concello informou que “con esta actuación vaise realizar o asfaltado viario das fase I do polígono así como o pintado do firme”. A vía obxecto deste proxecto constitúe “o eixo principal de circulación e acceso ás naves e parcelas do polígono, soportando tráfico frecuente e vehículos pesados que, na actualidade, presenta unha degradación significativa tanto do firme como da sinalización”, sinalaron fontes do Consistorio.

Con esta obra preténdese dar continuidade ás actuacións de mellora da infraestrutura viaria que se veñen realizando nos últimos anos en pequenos tramos. O Parque Empresarial de Espiñeira conta cunha superficie de 324.500 metros cadrados e na actualidade conta co 90% das súas parcelas ocupadas por unhas cincuenta industrias.

Para levar a cabo estas actuacións de mellora o Concello de Boiro recibe da Consellería de Economía e Industria unha subvención por importe de 112.503,23 euros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.