O Concello de Boiro comeza en Runs as obras de renovación do pavimento e instalación de servizos

09 Setembro 2026

O Concello de Boiro comeza as obras para a instalación de rueiros no lugar de Runs, unha actuación que forma parte do proxecto de pavimentados en San Mauro e Runs dun importe de 429.865,99 euros.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar para coñecer como se van desenvolver as obras.

Explicaron que na actualidade os rueiros existentes presentan un mal estado xeral por esgotamento da vida útil do pavimento e, ademais, non existe rede de saneamento de augas pluviais. As obras, sinalaron, contemplan a pavimentación e instalación de rueiros coa dotación de rede de saneamento de auga pluviais e rede de abastecemento, substitución de luminarias existentes por luminarias LED e execución de pavimento continuo de formigón, pavimento de lousas de granito e pavimento de lastras de granito.

O proxecto completo, executado xa no lugar de San Mauro, ascende aos 429.865,99 euros e conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+ de obras e servizos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.