Luns de ceos despexados e mañás máis frescas en Santiago e nas Rías Baixas

06 Setembro 2026

Santiago e as Rías Baixas arrincarán a semana cunha xornada marcada pola influencia intermedia entre altas e baixas presións. Tras a posible aparición de brumas matinais no interior e algunha nube baixa a primeiras horas, o paso dos restos dunha fronte moi desfeita polo norte deixará paso a ceos en xeral moi abertos e solleiros a medida que avance o día.

O máis salientable será o tempo térmico: as temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, deixando un amencer notablemente máis fresco, mentres que as máximas apenas experimentarán unha lixeira baixada (máximas 27 graos). O vento soprará frouxo de compoñente oeste-noroeste, aínda que se deixará sentir con intensidade moderada na costa das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.