Lucía Veiga dá a saída ás Festas da Guadalupe declarándose “unha rianxeira máis”

12 Setembro 2026

Este venres 11 comezaron finalmente as Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026. Fixérono co tradicional chupinaso e co pregón inaugural, que esta vez veu da man da actriz Lucía Veiga, acompañada polo alcalde Julián Bustelo, e as/os integrantes da organización da festa, entre os que se contaba Carlos Ces, presidente da Asociación A Moreniña. A actriz coruñesa Lucía Veiga dixo no seu discurso que se sentía “unha rianxeira máis” e que lle gustaría que a festa fose declarada de “interese turístico mundial”. Tamén se animou a facer en directo unha versión de We are the champions de Queen, en clave local: We are Rianxo. Logo foi a quenda do chupinaso e do inicio da festa propiamente dito, da man das bandas Virtual Project Cover Band, SerieB VideoDJ e Xinho.

O sábado 12 haberá unha destacada presenza de agrupacións de música e baile tradicional da nosa terra, como a Banda de Rivadulla, Trécola, Zeltia Irevire, Fogo Fatuo, Coral Abraira e a Charanga Brass-Ass. Tamén haberá verbena nocturna con Platinum, Verbena Sinfónica, Mariachi Perla, Capitán Sabrosura e DJ Nexxa.

O domingo 13 comezará coas alboradas a cargo da Banda de Ribadumia e Buxaina, que preperarán o terreo para a procesión marítima, ao mediodía. Tamén actuarán o Grupo Arena, Vai de Roda e haberá fogos de artificio. A verbena virá da man de La Banda de Ayer e Galilea.

O luns 14 arrinca coa Banda de Arcade e cos xogos das Juadalupeñas na praza de Castelao (ao mediodía e co tradicional xantar popular). Nesta xornada haberá cantos populares na praza da Igrexa con Cántañe a Rianxo e Río do Anxo. Pola noite actúan Unión y Fuerza e Cayenna.

O martes 15 arrincará con actividades de cultura urbana na praza da Igrexa e nos xardíns da Ribeira, e logo das alboradas de O Son do Río haberá unha sesión vermú na praza de Castelao a cargo de Dilema. Pola tarde haberá máis obradoiros e demostracións de cultura urbana (breakdance, beatbox, rap) e despois celebrarase o Día de Padrón. A media tarde, como vén sendo tradición, comezarán as actividades de irmandade coa vila de Padrón. Logo celebrarase un obradoiro de freestyle e concertos de rap en galego (Ceibarimas). Tamén actuarán Kid Mount e a Fanfarria Furruxa. Pola noite haberá verbena con Charleston e La Última Legión.

O mércores 16 (Día dos Maiores) arrinca con música na rúa a cargo de Os Festas, a partir das 11h. A axenda inclúe a Feira do Circo con malabares e maxia e as actuacións da Banda de Arca, Malezza, El Tomasón e Bando das Gaitas. Este día celebrarase tamén o Xantar dos Maiores en Casa Pachín (con buses e baile). Pola noite verbena con Solara e Cinema.

O xoves 17 será o día do Feirón Mariñeiro (A Feira do 1925) nas rúas do centro histórico rianxeiro, con feira de artesanía e a colaboración das asociacións culturais locais. A axenda inclúe actuacións do Trío Alborada, e de Cé Orquestra Pantasma. Pola noite haberá Noite Folc con Mediarea e Boavila, e logo comezará a verbena con Arizona e Gran Parada.

O venres 18 será o día infantil. Haberá inchábeis, festa da escuma e unha verbena infantil coa actuación de Pakolas e As Tripulantes. Pola noite será a gran traca final da festa actuacións de Eureka, Trébol e Ritmo Joven, e arredor das 2.00 coas bengalas e o canto colectivo de A Rianxeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.