Dodro organiza o domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

14 Setembro 2026

O vindeiro 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e non confundilos con especies perigosas. Tamén se porá o foco nas súas propiedades gastronómicas e alimenticias.

A xornada comezará ás 9.00 horas (ata as 10.00 horas) cunha conferencia no Pavillón Municipal de Deportes. Ao remate e ata as catro da tarde unha saída guiada para recoller cogomelos que rematará coa limpeza e o reparto dos mesmos. O Concello lembra a conveniencia de acudir con roupa e calzado cómodo, cesto, navalla, pincel e comida para o xantar.

En caso de chuvia a iniciativa non será cancelada.

Hai que inscribirse antes do 30 de setembro, xa que as prazas son limitadas, no teléfono 981802472 ou na Casa da Cultura.

A xornada conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.