A veciña de Baroña Carmen Calo Maneiro celebra os seus 104 anos arroupada pola familia e as autoridades

05 Setembro 2026

A conselleira Fabiola García e o alcalde Luís Oujo achegáronse ata a parroquia sonense para felicitar persoalmente á homenaxeada.

Carmen Calo Maneiro, coñecida popularmente entre a veciñanza como Carmen de Lourenzo, celebrou este sábado o seu 104 aniversario no termo municipal do Porto do Son. Con motivo desta data senlleira, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, achegouse ata a súa vivenda para trasladarlle as felicitacións institucionais e desexarlle que manteña a súa vitalidade.

A visita tivo lugar no lugar da Igrexa, na parroquia de Baroña, onde reside a homenaxeada. A titular autonómica estivo acompañada durante o encontro polo alcalde do municipio, Luís Oujo, canda varios familiares de Carmen. Durante o emotivo acto, os representantes públicos compartiron momentos coa centenaria e fixéronlle entrega dun agasallo conmemorativo en nome da Xunta de Galicia para recoñecer a súa traxectoria vital.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.