A oitava concentración de motos de Os Reventapistóns celebrarase do 18 ao 20 de setembro

02 Setembro 2026

Os Reventapistóns celebran a súa oitava concentración de motos neste mes de setembro despois da tradicional quedada desenvolvida no mes de abril. Este evento sobre dúas rodas celebrarase no 18, 19 e 20 de setembro, con Coroso como epicentro como deron a coñecer o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, os vogais do club, José Francisco Mayo, Manuel Paz e Andrés Manuel González.

Para o edil, esta concentración reunirá aos afeccionados das motos, ademais de dinamizar social e economicamente o municipio pasado mediados de setembro, pero na que tamén hai cabida para a posta en valor dos recursos turísticos e paisaxísticos coas rutas.

“Dende o Concello de Ribeira agradecemos o traballo de Os Reventapistóns pola planificación dos eventos que promoven e a repercusión que ten non só para os amantes da condución sobre dúas rodas, senón tamén para o conxunto do municipio”, afirmou Abraldes.

A axenda de actividades arrancará no venres 18 cunha ruta mototurística no luscofusco, ás 21.00 horas, para repoñer forzas cunha gran churrascada, ás 21.30 horas, e bailar coa actuación de DJ Manu X, das 23.30 horas en diante.

O sábado 19 arrancará con sesión vermú con paella, a partir das 13.00 horas, amenizada polo grupo musical Os Chispas 2.0. Xa pola tarde emprenderase unha nova saída á ruta mototurística, ás 17.20 horas, para regresar a Coroso co primeiro pase de Rui Santos Stunt, subcampión hispano-luso, ás 18.40 horas, e os xogos moteiros (roda quenda, proba de decibelios e moto lenta), ás 19.50 horas. Despois haberá cea para as persoas inscritas, ás 21.00 horas; ruta nocturna dos fachos e corredor de lume, ás 23.00 horas; segundo pase de Rui Santos Stunt Light Show, cun espectáculo visual de luces en pista, ás 23.20 horas; e música a partir das 00.10 horas con Planet Disco Móbil + DJ Jalaico, e actuación con DJ Mou e remember dos anos 90. A concentración rematará no domingo 20 cun almorzo para inscritos, ás 10.00 horas; novamente ruta mototurística, ás 12.00 horas; xantar para as persoas inscritas, ás 14.00 horas; e entrega de premios, ás 16.00 horas.

As inscricións formalizaranse indicando DNI, nome e teléfono de contacto a través do número de conta ES30 0238 8198 1106 00758267. O prezo da preinscrición é de 40 euros, mentres que en billeteira sitúase nos 42 euros. O prazo para a preinscrición remata no 16 de setembro. Inclúe cea, xantar, almorzo e bolsa de agasallos.

Os teléfonos de contacto que se poñen a disposición son o 662 447 326 e 656 951 014.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.