
Este martes 8 de setembro celebrouse a segunda xornada das Festas do Carme do Porto Son, a xornada adicada á Virxe. A gran protagonista da xornada foi a devoción mariñeira, e así quedou patente (malia o mal tempo de boa parte da mañá) dende primeira hora coas dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó e coa saída (ás 10.30 horas) da Virxe do Carme en procesión desde a Capela da Atalaia ata a explanada portuaria, coa posterior misa solemne e coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar (baixo carpa). Participaron nos actos as e os profesionais do mar do concello e da comarca, ademais dos seus representantes. Tamén a conselleira do Mar, Marta Villaverde, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, xunto co alcalde Luis Oujo.
A ofrenda realizouse a cuberto, nunha carpa situada no porto, porque a choiva impediu a saída da procesión marítima.

As conselleiras, acompañadas polo alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, destacaron a forte vinculación desta celebración coa identidade mariñeira do Porto do Son e coa historia das familias que durante xeracións fixeron do mar o seu medio de vida. Villaverde puxo en valor “a conservación destas tradicións, expresión da devoción á patroa das xentes do mar, do recordo aos mariñeiros falecidos e do recoñecemento ao traballo diario dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro”.
Na noite deste martes, a partir das 22h, celebrase a tradicional verbena coas orquestras Olimpus na explanada marítima e Banda de Ayer na praza de España.
Programación completa
Martes, 8 de setembro – Na honra á Virxe do Carme
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
10:30 h: Saída da Virxe do Carme en procesión desde a Capela da Atalaia ata a explanada portuaria, a continuación misa solemne.
Ao finalizar a misa terá lugar a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, finalizando con tirada de fogos
22:00 h: Verbena coas orquestras Olimpus na explanada marítima e Banda de Ayer na praza de España.
Mércores, 9 de setembro – Na honra á Virxe de Loreto
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
Misas na Capela de Loreto ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 h
13:00 h: Misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña.
22:00 h: Concerto de Alana na praza de España.
23:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras Origen e Discomóbil.
Xoves, 10 de setembro – Na honra de San Roque
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
12:00 h: Misa solemne na Capela de Atalaia e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
22:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras Los Satélites e New York.
Venres, 11 de setembro – Na honra da Caridade
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó
12:00 h: Misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
17:00 h: Inchábeis da man de Tikolandia e xogos para a rapazada no xardín portuario.
23:00 h: Verbena coas orquestras Marbella na praza España e París de Noia e Discomóbil na explanada portuaria.
00:00 h: Gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, ruada e festa da auga con traca final acompañada pola Charanga Os Celtas.




