A Confraría de Pescadores de Rianxo celebrou a reapertura do seu antigo local

14 Setembro 2026

A Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo celebrou este venres, 11 de setembro, o acto de reapertura do seu antigo local, un histórico inmóbel situado no Paseo da Ribeira, traos traballos de rehabilitación realizados no edificio.

O evento, que contou coa participación de representantes do sector e persoas vinculadas á actividade marítima de Rianxo, deu comezo cun breve discurso de Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo, no que destacou a importancia que tivera o local e explicou como o seu acondicionamento supoñerá contar cun novo espazo para formación.

Tras el, tomou a palabra Ángeles Vázquez Suárez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, quen destacou que o local “non é só un edificio, é a memoria viva da Confraría de Pescadores Virxe do Carme e o testemuño de xeracións de mariñeiros, mariscadoras e familias enteiras que fixeron do mar o seu sustento”.

A continuación, presentouse a exposición instalada no local, que recolle diferentes momentos da traxectoria da Confraría e do asociacionismo pesqueiro de Rianxo. Para clausurar o acto, ofreceuse aos asistentes un viño galego, no que puideron gozar dunha degustación de produtos do mar e gastronomía local.

A rehabilitación deste histórico local enmárcase dentro da campaña O valor do mar non é só o que se ve, no proxecto Memoria de Mar, unha iniciativa co-financiada pola Unión Europea, a Xunta de Galicia e o GALP Ría de Arousa.

A reapertura supón recuperar un inmóbel cun importante valor histórico para a Confraría e para o sector pesqueiro de Rianxo. Este local, desde a súa adquisición en 1925 polo entón Depósito de Pescadores, estivo ligado á evolución da actividade asociativa mariñeira da localidade e ao nacemento da actual Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.

Tras a súa rehabilitación, o edificio marítimo recupera agora o seu vínculo coa actividade da Confraría e do sector pesqueiro, acollendo reunións, encontros e actividades de profesionais e asociacións relacionadas co ámbito marítimo-pesqueiro.

Ademais, o local manterá a exposición dedicada á historia da entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.