A alcaldesa de Ribeira reúnese cun grupo de veciños de Deán Pequeno para avaliar a mellora do camiño da Agriña

10 Setembro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta mañá cun grupo de veciños e veciñas do lugar de Deán Pequeno para avaliar a mellora do camiño da Agriña; un sendeiro que conecta dito núcleo coas proximidades da avenida da Coruña. Durante o encontro, fixeron o itinerario que habitualmente fan estes cidadáns para acudir á fonte do lugar e ir ao inicio de Coroso e o paseo das Carolinas.

Sampedro comprometeuse a estudar as diferentes alternativas posíbeis en función da normativa de aplicación no lugar e tamén lles avanzou a adecuación da contorna da fonte mediante a limpeza e elementos como varandas para garantir o acceso en condicións de seguridade, especialmente no inverno por tratarse dunha zona sombría.

“A acción deste Goberno municipal fundaméntase en escoitar aos nosos veciños para mellorar a súa calidade de vida. Esta actuación buscará mellorar as condicións de seguridade ao tempo que se garanta a súa adaptación á contorna natural”, declarou a rexedora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.