Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as nubes baixas no norte de Lugo e con formación de nubes de evolución no leste das provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente na metade sur e quedarán sen cambios no norte (máximas sobre os 30 graos).

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 0 a 1 metros.




