Luns 31, San Ramón, xornada de apertura de claros e ascenso térmico en Santiago e nas Rías Baixas

30 Agosto 2026

A entrada anticiclónica en cuña despexará os ceos a partir do mediodía, deixando paso a nubes altas e temperaturas diúrnas máis cálidas.

As altas presións continuarán entrando en forma de cuña sobre o territorio galego, condicionadas pola presenza de aire frío en capas medias e altas da atmosfera. Este escenario marcará o tempo tanto na contorna de Santiago de Compostela como na franxa das Rías Baixas, onde a xornada irá de menos a máis en canto a insolación.

  • Estado do ceo: O día arrancará con intervalos nubrados a primeiras horas. Co avance da mañá iranse abrindo amplos claros ata quedar, a partir do mediodía, un ambiente despexado con presenza exclusiva de nubes altas.
  • Temperaturas: As mínimas experimentarán un lixeiro descenso, deixando primeiras horas frescas, mentres que os termómetros diúrnos tenderán a subir de xeito progresivo pola tarde.(máximas 24 a 26 graos),
  • Vento: Soprará frouxo e de compoñente variable durante a primeira metade do día, fixándose de compoñente norte a partir do mediodía.
meteogalicia

O noso mar ;vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.