Unha vintena de homes participa nos obradoiros de “batch cooking” organizados polo CIM de Ribeira

24 Agosto 2026


A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, deron hoxe a benvida aos 24 participantes no obradoiro de batch cooking dirixido a homes e adolescentes maiores de 15 anos de Ribeira -que poden ir acompañados de familiares- organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) e promovidos pola Dirección Xeral de Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e Plan Corresponsables.

Sampedro destacou este tipo de iniciativas como “unha ferramenta máis que permite seguir avanzando cara a igualdade real entre mulleres e homes, desta vez, poñendo o foco nas tarefas do fogar para fomentar a corresponsabilidade”.

O prestixioso cociñeiro Iñaki Bretal imparte estas clases que se estenderán durante catro xornadas, ata o 27 de agosto, en horario de mañá, na aula de cociña situada no primeiro andar do Mercado Municipal. Cada sesión comeza cun oco para reflexionar sobre as responsabilidades que asume cada persoa da unidade doméstica e que, neste primeiro día, versou sobre manifestar cal é a tarefa do fogar que máis gusta facer e a que menos.

Este é o terceiro ano que se lanzan estes obradoiros de batch cooking; unha técnica de organización culinaria que consiste en destinar un par de horas dun só día para cociñar e deixar listas as preparacións ou bases das comidas que se consumirán ao longo de toda a semana.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.