“Unha decisión pioneira en Europa para calar conciencias. Tardías?” – Antón Luaces

26 Agosto 2026

A resposta da Unión Europea á crise migratoria en Ceuta é “histérica, desproporcionada” e “un tanto absurda” a xuízo do que fora alto representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, o exministro socialista Josep Borrell, que entende que a maioría dos estados comunitarios “entraron en pánico” coma consecuencia da chegada de milleiros de migrantes -nomeadamente marroquís- á  cidade autónoma española nun momento  no que “había que amosar solidariedade” cun país -España- que ten “un problema”.

A análise de Borrell é anterior á decisión do Consello de Ministros que aprobou este martes o anteproxecto de reforma da lei de estranxeiría e asilo adaptada ao pacto europeo de migración.

A norma tramitouse no primeiro Consello de Ministros posterior ao parón estival e afecta tamén á lei de asilo co propósito de aliñar a lexislación española co marco común europeo de migración e protección internacional. Este pacto europeo establece un sistema de solidariedade obrigatoria e prazos comúns para os procedementos e fronteira. España sitúase agora e deste xeito entre os primeiros países que adecúan a súa lexislación nacional a ese marco. 

A adaptación inclúe aspectos de protección internacional, prazos de tramitación e mecanismos de solidariedade entre Estados. O Goberno quere evitar un dobre estándar entre a lexislación nacional e o regulamento europeo.

Foron uns 80.000 os migrantes que, a nado, entraron os pasados días 30 e 31 de xullo na cidade de Ceuta, obrigando ao Executivo a despregar un operativo de emerxencia. O mando único reclamado insistentemente polo presidente ceutí, formalizado onte, coordina esa resposta que, a xuízo da maioría dos habitantes da cidade autónoma, debeu ser aprobado antes.

A migración ordenada esixe unha política europea común. Sen pacto europeo, a xestión de Ceuta será inviable. Daquela, por que a tardanza en chegar á reforma que se produce agora, despois de que Ceuta vivira unha presión migratoria inédita e inaguantable a finais de xullo?. A declaración de interese para a seguridade nacional -Ceuta e Melilla son España, fronteira da UE en África- enmárcase nesa resposta que se demandaba do Executivo.

Cómpre preguntarse se chega a tempo e existe connivencia cos 27 países membros da UE. Obviamente, incluída Italia.

Outros artigos

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.