“Un trío para bailar no Sáhara Occidental, con USA de espectador interesado” – Antón Luaces

01 Agosto 2026

Hai pouco máis dunha semana, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, realizou unha visita de Estado a Alxeria. O obxectivo non era outro que pór remate á crise diplomática aberta en 2022 polo Sáhara Occidental, con Marrocos moi atento ao que desa visita poidera producirse.

Esta visita do 20 de xullo de Pedro Sánchez a Alxeria permitiu restablecer as relacións cordiais previas ao recoñecemento da marroquinidade do Sáhara Occidental, paso asimesmo previo  ao comezo,, o 23 de xullo, da tramitación no Congreso dos Deputados dunha proposición de lei de SUMAR para recoñecer a nacionalidade española a tódolos saharauís nacidos antes de 1975, ano no que se produciu a retirada española do Sáhara. Este recoñecemento pode beneficiar a 60.000 saharauís, unha forza a prol do enfrontamento con Marrocos que cómpre ter en conta.

A medida outorga aos mencionados saharauis un pasaporte de España/Unión Europea cun peso específico que non agradou a Marrocos (non é o mesmo deter un saharauí que un español da UE).

E a crise migratoria en Ceuta ten outro punto de atención: o peche por España da fronteira de Melilla con Marrocos após o intento de entrada na cidade española de centos de persoas.

Estados Unidos e Israel son os grandes  aliados de Marrocos; Alxeria e a Fronte Polisaria, os seus grandes inimigos, con séculos se historia. Marrocos existe hoxe en día grazas a unha súa peculiar singularidade: tantear -neste caso a España- en momentos ben elixidos nos que exhibir o seu poderio fronte á verificación dos límites de España, Medjterráneo polo medio.

Rabat elixiu á perfección o día no que debía exhibir esa súa forza: fíxoo cadrar coa festa da ascensión ao Trono de Mohamed VI e o “envío” de 50.000 xoves a Ceuta, a cidade española que segue a ser o cravo na sola do zapato marroquí no Mediterráneo con 80.000 habitantes.

Trátase dun “aviso a navegantes” para conformar o Sáhara Occidental en base á histórica relación (privilexiada) de Marrocos con EUA.

En Washington opera un lobby pro Marrocos tan ben engraxado como o está o de Israel, senón máis, a día de hoxe. As bases hispanoamericanas poderían non ser tan decisivas como o foron.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.