Un condutor perde a vida tras un accidente de tráfico en Vilagarcía de Arousa

05 Agosto 2026

Un home faleceu nas últimas horas tras sufrir un grave accidente de circulación na estrada PO-301, ao seu paso pola parroquia de Cornazo, no concello de Vilagarcía de Arousa. O suceso produciuse cando o vehículo no que circulaba impactou contra outro coche que se atopaba estacionado na vía, provocando que este último terminase envorcado debido á forza do golpe.

A alerta activouse ás 04:50 horas desta madrugada, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou en primeiro lugar co 112 Galicia para informar do accidente. Apenas uns segundos despois, un particular chamaba tamén ao teléfono único de emerxencias para dar conta do impacto e advertir de que no interior do turismo en circulación permanecía unha persoa atrapada e sen poder saír polo seus propios medios.

Con estes datos, os xestores da sala de operacións do 112 Galicia informaron de inmediato aos Bombeiros de Vilagarcía, ao Servizo de Emerxencias municipal, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias tiveron que empregar o material de excarceración para poder liberar á vítima do interior do habitáculo. Tras ser rescatado, o condutor foi atendido polo persoal sanitario, que informou do seu estado de extrema gravidade. A pesar dos esforzos dos efectivos desprazados, o home faleceu tras ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.