Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

13 Agosto 2026

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura.

Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto de 2026. Os concertos, que son todos de balde, encherán de música en directo a praza da Constitución, no corazón do centro histórico da vila. Todas as actuacións nocturnas comezarán ás 21:30 horas.

O programa reúne grandes músicos e propostas moi diferentes.

Venres 14

21:30 h · Rubén Reinaldo Quartet

23:00 h · Xan Campos presentando Amorodio

Sábado 15

21:30 h · Atlantic Bridge Trío & Steve Brown, presentando o disco Return to standard

23:00 h · RPE Trío & Puri Penín, co espectáculo Revista do pop español

E tamén o sábado, ás 13:00 h no Coliseo Noela, teremos unha clase maxistral de Steve Brown sobre os fundamentos do jazz

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.