“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

08 Agosto 2026

Dí o PP que Pedro Sánchez “non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí”.

Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos reis, o pasado xoves.

Desde Génova fontes populares foron tallantes:”O Goberno non debería impedir que o Rei estea preto dos ceutís nesta situación tan grave. O Rei sempre amosou a súa disposición a estar preto dos españois en momentos difíciles. O fixo en Paiporta cando Sánchez fuxía e o fará sempre”.

Todo isto, para incidir -como o fai a maioría de medios de comunicación próximos ao PP- no “desapego” que disque existe entre o xefe do Executivo e o Rei Felipe VI. Cuestión que asimesmo se formulara como existente entre Juan Carlos I e José María Aznar.                               De calquera xeito, pouco percorrido semella ter esta queixa “popular” en tanto en canto a función do Rei, ao igual que a do presidente do Goberno, están claramente delimitadas e difícilmente un vai interferir ao outro nas súas funcións.                                                                       Outra cousa é que ambos os cargos teñan que amosar afinidade en cuestións persoais. 

Polo sinalado, máis parece a existencia de intereses espúrios á reponsabilidade de cada quen que  á existencia dun problema real e afectivo que poidera causar alarma entre a cidadanía.       O presidente da cjdade autónoma de Ceuta reclama unha maior atención á problemática que

A cidade autónoma debe asumir responsabilidades que non son da súa exclusiva competencia debido a que entre 8.000 e 11.000 migrantes percorren diariamente as rúas, prazas e lugares de Ceuta máis ou menos axeitados para se deitaren, asearse ou faceren as súas necesidades máis urxentes sen dispoñer doutros medios para paliar as súas moitas carencias. 

O Goberno, de momento, non atopa máis solucións que aumentar o número de policias encargados de controlar esa inxente cantidade de migrantes -entre eles menores de idade e rapazas, con algún caso de abuso sexual- aos que as autoridades deben poñer couto antes de que se produzan males maiores. 

Por se estas cuesti-ons fosen poucas, no de poden perder de vista as propostas de VOX no senso de nen sequera admitir o reparto destes nenos entre as comunidades autónomas, optando por devolvelos a Marrocos.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.