Sábado de contrastes sol, suba térmica e aumento de nubes cara á noite, Domingo con risco de chuvascos

21 Agosto 2026

A presenza dunha borrasca fronte a Portugal traerá inestabilidade cara á noite malia o predominio inicial do anticiclón.

Xornada marcada pola influencia conxunta das altas presións e dunha borrasca situada ao oeste de Portugal, o que provocará un escenario de certa inestabilidade atmosférica.

Na área de Santiago e nas Rías Baixas o día comeza con ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que a nebulosidade irá en aumento dende o litoral oeste a medida que se achegue a noite.

As temperaturas rexistrarán un ascenso moderado en toda a zona8Máximas de 28 graos), mentres que o vento soprará moderado de compoñente nordés, con intervalos fortes no norte de Galicia, especialmente entre Estaca de Bares e Cabo Ortegal.

meteogalicia

 O domingo derá un día de certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado e con chuvascos máis probables no sur e na metade oeste do territorio 

O noso mar:Vento do leste á mañá, variable á tarde e do sueste á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Vella Escola habilita un “pump track” en San Lázaro (Noia)

Desde esta fin de semana, a contorna de San Lázaro (Noia) conta cun novo espazo para gozar sobre rodas da man da xente de Vella Escola. Trátase dun circuíto pump track instalado con motivo do festival Antares. Permanecerá en Noia ata o vindeiro 1 de novembro, aberto...

+

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.