Rois celebra o XXI Día da Bici o 12 de setembro cun percorrido de 11 quilómetros

07 Agosto 2026

O Concello de Rois celebrará o sábado 12 de setembro o XXI Día da Bici, unha cita deportiva e de convivencia aberta á participación da veciñanza.

A marcha comezará ás 17.00 horas desde o Polideportivo Municipal, que tamén será o punto de chegada. As persoas participantes completarán un percorrido de 11 quilómetros por diferentes lugares do municipio.

A ruta partirá do Polideportivo de Rois e continuará pola A Pontenova, A Peruca, A Meana, Seaxe, de novo A Meana e Lamego. Na praia fluvial habilitarase un punto de avituallamento antes de iniciar o regreso por Seira, Oín e A Antequeira ata finalizar no polideportivo.

A participación será gratuíta e as inscricións poderán realizarse o propio día da marcha, entre as 15.45 e as 16.45 horas, no pavillón polideportivo. O Concello lembra que é obrigatorio utilizar casco durante todo o percorrido.

Antes da saída celebrarase no polideportivo unha xincana ciclista dirixida aos máis pequenos e, ao rematar a ruta, realizarase un sorteo de agasallos, entre os que se inclúe unha bicicleta. Tamén se entregarán recoñecementos ás persoas ciclistas de maior e menor idade que participen na marcha.

O Día da Bici está organizado polo Concello de Rois coa colaboración da Deputación da Coruña, o Club Ciclista Padronés Cortizo, Froiz, Gadis, o Restaurante Pedra Santa, AdeMario e Protección Civil de Rois e de Padrón.

Para solicitar máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento municipal de Deportes a través do correo electrónico deportes@rois.gal ou no teléfono 981 816 061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.